CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Ola!

Neste mandato teño o pracer e a responsabilidade de levar adiante as funcións de concelleiro de Benestar Social que traballa a prol da equidade e a incorporación social para acadar unha Pontevedra plural, moderna e amable. 

Acompáñame un gran equipo técnico que son profesionais comprometidas/os; persoas especializadas na xestión social e que levan a cabo a avaliación e atención das necesidades da nosa veciñanza, sexa cal sexa o sector da poboación á que pertenza e sen distinción de idade, xénero, colectivo ou capacidade.

Aproveito para agradecer o labor incansable das entidades sociais, asociacións e voluntarias e voluntarios que traballan para que todo saia o mellor posible. A todas elas e todos eles, quero transmitir a nosa forza e o noso apoio. 

A ti, persoa que estás visitando esta web, agardando que o labor que facemos sexa do teu agrado e mellor axuda. Como concelleiro, quedo á túa disposición. 

Seguimos!

Marcos Rey Pazos

Concelleiro de Benestar Social e Benestar Animal