
Atención ás necesidades básicas
A Concellaría de Benestar Social Municipal organiza os Servizos Sociais Municipais a través de Unidades de Traballo Social (UTS) integradas por profesionais que atenden a todas as persoas susceptibles de ser usuarios dos Servizos Sociais. Para unha mellor organización do traballo, estas UTS teñen dividido o concello de Pontevedra en áreas, polo que hai un/ha profesional asignado/a a cada área. Esta asignación realízase en función do seu lugar de domicilio.
Para acceder ás Unidades de Traballo Social é necesario solicitar cita previa na sede dos Servizos Sociais Municipais:
- Contacto
Chalé de Fontoira
R. Xofre de Tenorio, 1.
Teléfono: 986 85 03 98 Ext. 7400
benestarsocial@pontevedra.eu - Horario de Atención Presencial
De luns a venres de 8.30 a 13.30 horas.
Verán e Festas de 9.00 a 13.00 horas. - Horario de Cita Telefónica
De luns a venres de 13.30 a 14.30 horas.
Verán e Festas de 13.00 a 14.00 horas
As Unidades de Traballo Social concíbense como as unidade básicas do sistema de servizos sociais nas que o traballador social de referencia presta unha atención individualizada e/ou familiar. Entre as súas funcións están:
- Informar e asesorar sobre os servizos sociais existentes, tanto municipais como de outras institucións ou organismos.
- Realizar valoración, orientación, apoio técnico e acompañamento.
- Tramitar prestacións sociais da Administración Local , Autonómica e Estatal.
- Derivar parte da demanda de cara aos servizos sociais especializados, en resposta ás necesidades detectadas…
A primeira atención que prestan os Servizos Sociais Municipais é o servizo de información e asesoramento social a calquera persoa. Ten a finalidade de informar sobre dereitos e recursos sociais, así como canalizar a demanda cara a outros servizos e prestacións.
A través deste Servizo, o profesional informa, orienta e asesora sobre dereitos e os recursos sociais existentes, técnica e confidencialmente, tanto de xeito individual, grupal ou comunitario. Responde á necesidade de estar informado, para poder acceder e utilizar os recursos sociais e previr desigualdades no seu uso.
Diríxese a persoas, grupos ou institucións sobre os dereitos que poideran corresponderlles e sobre os recursos sociais existentes. Ofrece tamén asesoramento especializado sobre problemas sociais e a súa canalización, cando sexa necesario, ós servizos específicos.
As persoas que prestan servizos sociais no Concello de Pontevedra teñen unha adscripción xeográfica, que podes consultar neste mapa:
Aquí estamos!
986 850 398
Enderezo
Chalé de Fontoira
Rúa Xofre de Tenorio
Correo electrónico
benestarsocial@pontevedra.eu
Horario atención
Luns a venres, de 9 a 13 h