CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Recurso 15

Atención domiciliaria de urxencia

O servizo de atención nocturna ofrece realizar tarefas de carácter doméstico ou persoal en domicilios, de xeito puntual e inmediato, a persoas asistidas de urxencia pola Policía Local a consecuencia de avisos por caídas fortuítas na casa. Soen ser avisos preferentemente de noite para a atención a persoas maiores que viven sos ou acompañados de parellas de idade avanzada ou dependentes que non poden asistilos.

Este servizo préstase só a instancias da Policía Local (tlf 092) e ofrécese as 24 horas do día os 365 días do ano. Os profesionais son auxiliares de atención persoal e doméstica que ofrece os seguintes coidados:

  • Aseo persoal e cambio de cueiros e roupa de vestido.
  • Cambio de roupa de cama e arranxo básico da estancia onde se atope a persoa usuaria.
  • Apoio para deitarse ou levantarse da cama.
  • Preparación de alimentos e axuda a tomalos.
  • Facilitará o achegamento dos elementos da vivenda que proporcionen seguridade: teléfono, teleasistencia
  • Aqueles outros que se fagan precisos para facilitar a hixiene e seguridade da persoa usuaria.

Aquí estamos!

986 850 398

 

Enderezo

Chalé de Fontoira

Rúa Xofre de Tenorio

 

Correo electrónico

benestarsocial@pontevedra.eu

 

Horario atención

Luns a venres, de 9 a 13 h