
Teleasistencia
Regula o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria (TAD) que pretende mellorar a calidade de vida das persoas usuarias, permitindo a quen non precise de coidados permanentes, continuar no seu domicilio habitual e no ámbito no que desenvolve a súa vida, coa tranquilidade de que ante calquera risco ou emerxencia van ser atendidas con rapidez.
Os requisitos necesarios para ser usuarios do servizo de Teleasistencia son:
- Ser residente e estar empadroado no Concello de Pontevedra.
- Vivir ou pasar gran parte do día só ou en compañía de persoas en situación similar.
- Ter cubertas as necesidades básicas de alimentación, vivenda e vestido.
- Non padecer enfermidade ou incapacidade mental (están excluídas do servizo aquelas persoas afectadas por demencia senil).
- Non ser mudo/a ou absolutamente xordo/a (ao ser a base do sistema a comunicación verbal).
- Dispoñer, ou estar en condicións de dispoñer, de liña telefónica no seu domicilio.
- Contar con, alomenos, unha persoa que resida no mesmo municipio e que teña as chaves do domicilio do usuario/a, para que se contacte con ela cando se produza calquera situación de urxencia.
- Non ter dereito ao servizo a través doutra administración ou entidade pública.
- Persoas que polos seus ingresos non poidan acceder á contratación de xeito privado.
Deberás pedir unha cita coas traballadoras sociais municipais que che demandarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.
Consulta toda a información en Atención ás necesidades básicas.
Aquí estamos!
986 850 398
Enderezo
Chalé de Fontoira
Rúa Xofre de Tenorio
Correo electrónico
Horario atención
Luns a venres, de 9 a 13 h