CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Crear unha asociación

Unha asociación sen ánimo de lucro  é unha entidade constituída voluntariamente por tres ou máis persoas co obxectivo de cumprir unha finalidade de interés xeral ou particular.  Unha federación é un conxunto de asociacións e unha confederación é un conxunto de federacións. 

Toda asociación ten personalidade propia e é titular de dereitos e obrigas. Permite facturar legalmente e levar contabilidade laboral independente.

Permite acadar beneficios fiscais sobre todo si se declara “de utilidade pública”.

https://cpxt.xunta.gal/asociacions-federacions/declaracion-utilidade-publica

Ao dispor de NIF, ademáis de facturar, pode contratar legalmente. 

A súa constituación é rápida e, como é unha figura legal, ten mínimos de establidade e estrutura. 

Evadir impostos ou contratar irregularmente. 

O proxecto que se quere levar a cabo; quen a forma; que membros ten; que servizos oferta (información, divulgación, sensibilización…); quen son as/os destinatarias/os; como o vai facer; como se financiará (previsión de ingresos e gastos) …

1. Ter o acordo de tres persoas

2. Recoller o acordo na acta fundacional

3. Redactar os estatutos

4. Presentar a solicitude de inscrición no rexistro

Aquí atoparedes os modelos de actas fundacionais, documentación a entregar, modelo xeral de estatutos, info sobre tipos de asociacións, onde inscribirse…

https://cpxt.xunta.gal/asociacions/constitucion

Unha vez constituída este é o link para a solicitude de inscrición no Rexistro Municipal de Asociacións

https://sede.pontevedra.gal/public/catalog-detail/1016132

É o primeiro documento e o máis importante, xunto cos estatutos xa que fará constar o lugar e data, a denominación, o enderezo, a nacionalidade, a acta asinada polas/os socias/os que a fundan, os estatutos, as aportacións (se has houbese) e a designación da xunta directiva. 

(Artigo 7 da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación)

Son moi importantes porque regulan o funcionamento da asociación e, xunto coa lei que esté vixente en cada momento e os acordos tomados nos órganos de goberno, constitúen o marco xurídico que rixen a entidade e ás suas socias e aos seus socios.

Terán uns contidos que deberon ser pactados entre todas/os ademáis dunha forza legal e unha obrigatoriedade de cumprimento. 

Tede en conta que deben cumplirse para adquirir ou perder a condición de socia/o e recollen os dereitos e obrigas de todas/os, cal son os mecanismos de participación, normativa sobre convocatoria da asemblea ordinaria e extraordinaria, réximen de deliberación e adopción de acordos, procedemento de aprobación de actas, previsión do destino dos bens sobrantes no caso de disolución …  (sen contradicir o o artigo da lei). 

Tres como mínimo. Non hai número máximo.

Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. 

https://cpxt.xunta.gal/asociacions/normativa

Si.  A Ley Orgánica 2/2009  concedeu o dereito a todas/os as españolas/es e extranxeiras/os en igualdade de condicións. 

Non. Os únicos cartos que se precisan serán o pago das taxas de inscrición en rexistro ou asesoría (se ha houbera).

https://cpxt.xunta.gal/asociacions/taxas

(Artigo 11 da Lei Orgánica 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación)

É o órgano onde reside a soberanía da Asociación e está composta por todas/os as/os socias/os. 

As funcións son: lugar de reunión para intercambiar/obter información; lugar de cohesión; fai cumprir todo o relacionado cos Estatutos e a rendición de contas.

Debe reunirse alomenos unha vez ao ano con carácter ordinario para aprobación de contas do ano e orzamento do que empeza.

Nas asembleas extraordinarias se celebrarán para a modificación de estatutos e para todo o que recollen. 

O quórum (1) preciso é un tercio das/os asociadas/os (salvo que os estatutos preveen outra cousa).

(1) Mínimo número de representantes nunha asemblea que se require para que as decisións adoptadas nela sexan válidas. Recuperado de https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/quorum

É o órgano encargado de xestionar a asociación. O seu funcionamento dependerá do que establezan os estatutos. Están escollidos pola asemblea e a súa actuación será fiscalizada por ela. A súa representación recae na presidencia que adoita representar tamén á asociación. Deberá contar como mínimo con dúas persoas: presidenta/e e secretaria/o. As/os súas/seus membros deben ser asociadas/os. 

Data e lugar da reunión, orde do día, asistentes, resumo dos asuntos tratados, intervencións e acordos adoptados con indicación do resultado de votacións e maiorías. Deben ser redactadas e asinadas pola/o secretaria/o que tamén se encarga da súa custodia. 

Contratar debidamente ás/aos traballadoras/os, estar ao día das obrigas fiscais e levar ao día os libros legais (libro de rexistro de asociadas/os, libro de actas,  libro de contabilidade e libro de voluntarias/os se houbera).

Pode obter ganancias pero coa obriga de reinvertilos na súa finalidade social e, en ningún caso, pode repartirse entre as/os asociadas/os. 

Sí. Si se produce algunha das causas que establece a lei ou os estatutos, a asemblea xeral deberá adoptar o acordo de disolución. Neste acordo se adxudicarán os bens sobrantes a outras entidades sen ánimo de lucro dacordo co previsto nos estatutos. A disolución comunicarase aos Rexistros de Entidades. 

Para contactar con Proponte: proponte@pontevedra.eu