
Atención domiciliaria de urxencia
O servizo de atención nocturna ofrece realizar tarefas de carácter doméstico ou persoal en domicilios, de xeito puntual e inmediato, a persoas asistidas de urxencia pola Policía Local a consecuencia de avisos por caídas fortuítas na casa. Soen ser avisos preferentemente de noite para a atención a persoas maiores que viven sos ou acompañados de parellas de idade avanzada ou dependentes que non poden asistilos.
Este servizo préstase só a instancias da Policía Local (tlf 092) e ofrécese as 24 horas do día os 365 días do ano. Os profesionais son auxiliares de atención persoal e doméstica que ofrece os seguintes coidados:
- Aseo persoal e cambio de cueiros e roupa de vestido.
- Cambio de roupa de cama e arranxo básico da estancia onde se atope a persoa usuaria.
- Apoio para deitarse ou levantarse da cama.
- Preparación de alimentos e axuda a tomalos.
- Facilitará o achegamento dos elementos da vivenda que proporcionen seguridade: teléfono, teleasistencia
- Aqueles outros que se fagan precisos para facilitar a hixiene e seguridade da persoa usuaria.
Aquí estamos!
986 850 398
Enderezo
Chalé de Fontoira
Rúa Xofre de Tenorio
Correo electrónico
benestarsocial@pontevedra.eu
Horario atención
Luns a venres, de 9 a 13 h