Recurso 19

Persoas maiores

O colectivo de maiores fai parte importante dos esforzos da concellería, que pon o foco non só no ocio activo das persoas que xa superaron a etapa laboral, senón tamén no resto dos servizos que presta este departamento para toda a cidadanía.

A Concellería ven desenvolvendo nas parroquias diferentes obradoiros de memoria para os maiores. A súa finalidade é disminuír os erros da memoria que afectan á vida diaria, así como proporcionar técnicas que constitúan unha axuda para mellorar e/ou mante-las funcións cognitivas, mediante a exercitación práctica. Trátase de adestrar, a través de exercicios, as funcións relacionadas coa memoria, como son: a linguaxe, percepción, atención, concentración, razoamento, reminiscencia, memoria biográfica, identidade, imaxinación, fluidez verbal, estructuración cognitiva, organización e clasificación da información, asociación…

Regula o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria (TAD) que pretende mellorar a calidade de vida dos usuarios, permitindo ás persoas que non precisen de coidados permanentes, continuar no seu domicilio habitual e no ámbito no que desenvolven a súa vida, coa tranquilidade de que ante calquera risco ou emerxencia van ser atendidas con rapidez.

Consulta toda a información

O servizo de atención nocturna ofrece realizar tarefas de carácter doméstico ou persoal en domicilios, de xeito puntual e inmediato, a persoas asistidas de urxencia pola Policía Local a consecuencia de avisos por caídas fortuítas na casa.

Soen ser avisos preferentemente de noite para a atención a persoas maiores que viven solas ou acompañadas de parellas de idade avanzada ou dependentes que non poden asistilas.

Consulta toda a información

Deberás solicitar unha cita coas traballadoras sociais municipais que che demandarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.

Consulta toda a información en Atención ás necesidades básicas.

Aquí estamos!

986 850 398

 

Enderezo

Chalé de Fontoira

Rúa Xofre de Tenorio

 

Correo electrónico

benestarsocial@pontevedra.eu

 

Horario atención

Luns a venres, de 9 a 13 h