
Programa Comunico
A Concellería de Benestar Social ten entre os seus obxectivos a superación das limitacións invisibles que cada día se lle impoñen ás persoas con diversidade sensorial así como defender a equidade, a accesibilidade universal, a inclusión e a comunicación sen límites.
Comunico é un programa dirixido ás persoas xordas, con perda auditiva, cegas e xordocegas, así como ao persoal municipal.
- Informar sobre os servizos específicos para a poboación interesada
- Canalizar a demanda existente sobre esta problemática
- Crear unha sinerxia entre colectivos profesionais, técnicos, sociocomunitarios e polítcos paraaumentar la eficiencia da intervención e chegar a un funcionamento interdisciplinar.
- Profundizar nas necesidades demandadas, detectadas e non percibidas de diferentes poboacións ofertando derivacións aos diferentes servizos ofertados polo Concello.
- Fomentar a autonomía das persoas xordas, con perda auditiva, cegas e xordocegas.
- Dar a coñecer os recursos específicos do concello dirixidas á poboación xeral ou persoas que o soliciten de xeito individualizado
Traballamos para asegurar a calidade e a eficiencia das nosas accións e para a mellora continua da nosa capacidade de resposta e coordinación con outros servizos e profesionais de xeito interdisciplinar buscando ser un exemplo de cidadanía inclusiva.
Loitamos contra as situacións de vulnerabilidade, abandono e aillamento para garantir o acceso e o exercizo do seus dereitos de cidadanía en condicións de equidade.
O Concello editou un guieiro de atención socio-sanitaria para persoas con diversidade funcional que podes consultar e descargar aquí.
Para máis información e consultas, podes poñerte en contacto con este programa a través do enderezo electrónico comunico@pontevedra.eu
Aquí estamos!
986 850 398
Enderezo
Chalé de Fontoira
Rúa Xofre de Tenorio
Correo electrónico
benestarsocial@pontevedra.eu
Horario atención
Luns a venres, de 9 a 13 h