CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Aparellos de labranza

Para mellorar a nosa Asociación existen numerosos recursos que vos poden axudar a optimizar os esforzos asociativos, comunicarvos mellor entre vós e co conxunto da sociedade e establecer xeitos de traballo que nos convirtan en instrumentos sociais máis útiles para conseguir os fins que nos propoñemos.

Atención a persoas con diversidade funcional. Moitas dúbidas que nos asaltan cando non sabemos como tratar con persoas que teñen algún tipo de diferencia funcional están recollidas neste recomendable guieiro editado por Benestar Social do Concello.
Pienso, luego acierto. Xestionar a entidade desde un punto de vista estratéxico, fixando metas, obxectivos... planificando, evitando as consecuencias negativas de actuar ao tun-tun.
¿Se puede saber a dónde vamos? Visión e misión son moito máis que duas palabras cando temos entre mans un proxecto asociativo. De seguro interésavos esta guía.
¿Hay alguien ahí fuera? Conceptos básicos, como comunicarmos todo o potencial que temos e facelo dun xeito case profesional.
Algo más que poner la mano Como obter diñeiro e como invertilo en proxectos que remen en favor dos nosos obxectivos, unha guía para familiarizarse coa xestión económica da entidade.
Relaciones sanas de trabajo en las ONG Pautas para coidar as relacións entre as persoas, identificando actitudes tóxicas e potenciando as sans.
Guía de asociaciones Todo o que precisas coñecer sobre o asociacionismo, da man do Ministerio do Interior. Unha publicación global sobre todos os aspectos asociativos.

Para contactar con Proponte: proponte@pontevedra.eu