CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Que é Proponte?

Chamamos Proponte á enerxía coa que Pontevedra se organiza para que a nosa xente, independentemente das súas circunstancias físicas ou materiais, gocen dunha mellor calidade de vida.

Unha rede de autoapoio na que están incluidas as asociacións que traballan no ámbito social, xuntando centos de mans para chegar aos fogares, as familias e as persoas que atravesan dificultades.

En Proponte participan as entidades organizadas para mellorar a calidade humana colectiva, mitigar a desigualdade, motivar o voluntariado e en xeral, impulsar o compromiso social das persoas coa súa veciñanza.

Organizar, facilitar, formar, impulsar, manter, dinamizar e conseguir son verbos que utilizamos constantemente baixo a máxima de Proponte: pensar globalmente, actuar localmente.

Unha iniciativa que abrangue todos os ámbitos territoriais do municipio, tanto rurais como urbanos, co principio do servizo público apoiado na iniciativa cidadá: mover persoas en favor de persoas, mover vontades en favor de melloras.

Un impulso municipal do que fan parte as entidades asociativas de axuda, de promoción social, de compromiso ético, de emerxencia, sempre baixo o criterio dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e coa intención de favorecer á sociedade pontevedresa no seu conxunto, limando as súas aristas de desigualdade. 

Para contactar con Proponte: proponte@pontevedra.eu

Qué queremos conseguir?

> Facilitar o coñecemento global, permanente e actualizado da situación do tecido asociativo promovendo investigacións, estudos, enquisas, reunións de expertas/os, grupos de traballo e cantas iniciativas se consideren necesarias para profundizar no seu coñecemento

> Ordear e analizar a información disponible intercambiando contidos e boas prácticas existentes mediante a racionalización e provisión dos métodos e técnicas profesionais.

> Promover procesos de innovación mediante a aplicación de modelos de xestión, programas e servizos que contribúan a mellorar a calidade dos proxectos e programas asociativos.

> Impulsar a participación organizada da cidadanía e grupos sociais o