
Persoas sen teito e transeúntes
Este servizo pretende unha atención socio-laboral de persoas con especial dificultade de incorporación á sociedade, que precisan de apoio personalizado neste proceso.
A esta poboación, a Concellaría de Benestar Social Municipal colabora ben na posta en marcha ou ben na coordinación de distintos recursos ao seu servizo como poden ser o protocolo de frío, recursos de aloxamento, manutención ou asesoramento.
Para máis información relacionada coas persoas sen teito e transeúntes podes consultar Atención ás necesidades básicas
Protocolo de Frío
É un dos servizos máis importantes, que se activa en determinados momentos do ano. A súa entrada en vigor supón avisar a todas as entidades sociais que ofrecen un espazo para pernoctar e alimentos ás persoas sen fogar para que recollan “paquetes de frío” con roupa de abrigo e vasos térmicos para que as persoas afectadas poidan pasar os días de temperaturas moi baixas da mellor forma posible.
O Concello mantén un convenio coa Sociedade San Vicente de Paúl para a colaboración no mantemento dun dispositivo de pernocta para persoas sen fogar, que residen de xeito habitual na rúa e que non cumpren os requisitos para acceder ao albergue de transeúntes.
Consulta o convenio.
O Concello ten asinado un convenio cos Hermanos Franciscanos para o mantemento do comedor asistencial consistente nunha achega económica anual.
Consulta o convenio.
O Concello ten asinado un convenio con Cáritas Interparroquial de Pontevedra para colaborar na financiación dunha casa de acollida para transeuntes.
Consulta o convenio
Aquí estamos!
986 850 398
Enderezo
Chalé de Fontoira
Rúa Xofre de Tenorio
Correo electrónico
benestarsocial@pontevedra.eu
Horario atención
Luns a venres, de 9 a 13 h