CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Recurso 24

Familia, infancia e xuventude

No seo das familias poden xurdir crises puntuais ou problemas de relación disfuncionais que xeran malestar entre os seus membros ou poñen nunha situación de risco ás persoas máis vulnerables, como son os menores de idade. Estas situacións poden ser tratadas polos profesionais dos Servizos Sociais Municipais a través do Programa de  Atención Familiar.

equipo de profesionais que compoñen o Programa de Atención Familiar son traballadores/as sociais, psicólogos/as, educadores/as que, tras unha valoración e diagnóstico da situación, elaboran e desenvolven plans de intervención individualizados, orientados a conseguir unhas condicións que garantan ás persoas menores unha atención e desenvolvemento axeitados no propio medio familiar.

  • Valorar situacións de desprotección de menores.
  • Analizar o entorno relacional das familias e previr situacións de risco no seo familiar que afecten aos seus membros e impidan o seu desenvolvemento integral.
  • Reducir e/ou eliminar os factores de risco que poidan afectar aos menores no seu medio familiar e social.
  • Apoiar á  familia no seu labor educativo tendente á  adquisición de habilidades para a análise e resolución das dificultades.
  • Acompañar aos menores na integración no ámbito escolar e social, reducindo condutas de absentismo escolar.
  • Apoiar ás figuras que se encargan dos coidados e atención dos menores, reforzando o propio rol coidador e mellorando o benestar dos adultos e menores da familia.

Ás familias nas que se detectan dificultades e/ou sufrimento nos menores, e nas que as persoas encargadas dos coidados precisen de orientación e apoio para dar resposta á situación.

Meniños 

No obxectivo de traballar polos dereitos da infancia e a adolescencia en dificultade social, e contribuír a xerar cambios que propicien un ambiente familiar de seguridade e afecto, a Fundación Meniños conta, no Concello de Pontevedra, cun equipo profesional con formación específica en intervención familiar, para axudar ás familias a xerar cambios e a constituírse nun ambiente protector, dador de Bo Trato, e de fomento das potencialidades dos nenos e nenas.

  • Contacto

CASAZUL: Rúa Sor Lucía.
Horario de atención ao público: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas (de tarde de setembro a xuño)
Web: https://www.meninos.org/
Correo: adolescentes.pontevedra@meninos.org
Teléfonos: 986 850 156 – 678 754 933

 

Proinfancia (La Caixa) 

Co obxectivo de rachar co círculo da pobreza que se transmite de pais a fillos e ofrecer aos máis pequenos oportunidades de futuro, o Concello de Pontevedra asinou un convenio coa Fundación La Caixa para traballar con diversas familias con menores para evitar esa pobreza endémica.

Consulta o Convenio
Consulta o Programa Proinfancia

  • Como podo acceder a este programa? 

Deberás solicitar unha cita coas traballadoras sociais municipais que che indicarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.

Consulta toda a información en Atención ás necesidades básicas.

Aquí estamos!

986 850 398

 

Enderezo

Chalé de Fontoira

Rúa Xofre de Tenorio

 

Correo electrónico

benestarsocial@pontevedra.eu

 

Horario atención

Luns a venres, de 9 a 13 h