Recurso 23

Inclusión das persoas máis desfavorecidas

A Concellaría de Benestar Social Municipal dispón dun equipo técnico para a atención socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, que precisen de apoio personalizado no seu proceso de inserción. Ten como finalidade facilitar a adquisición de coñecementos e habilidades sociais, a promoción de actitudes positivas e proactivas cara o traballo, co obxecto de mellorar a incorporación socio-laboral.

A Concellaría de Benestar Social Municipal colabora con esta poboación, ben na posta en marcha ou ben na coordinación de distintos recursos ao seu servizo.

Deberás pedir unha cita coas traballadoras sociais municipais que che demandarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.

Consulta toda a información en Atención ás necesidades básicas

A súa activación supón avisar a todas as entidades sociais que ofrecen un espazo para pernoctar e alimentos ás persoas sen fogar para que recollan “paquetes de frío” con roupa de abrigo e vasos térmicos para que as persoas afectadas poidan pasar os días de temperaturas moi baixas da mellor forma posible.

O Concello  mantén un convenio coa Sociedade  San Vicente de Paúl para a colaboración no mantemento dun dispositivo de pernocta para persoas sen fogar, que residen de xeito habitual na rúa e que non cumpren os requisitos para acceder ao albergue de transeúntes.

Consulta o convenio.

O Concello  ten asinado un convenio cos Hermanos Franciscanos para o mantemento do comedor asistencial  consistente nunha achega económica anual.

Consulta o convenio.

O Concello ten asinado un convenio con Cáritas Interparroquial de Pontevedra para colaborar na financiación dunha casa de acollida para transeuntes.

Consulta o convenio.

PROXTEMIS

Logo Xunta de Galicia
Logo Cofinanciado pola Unión Europea
Logo Fondos Europeos

O Proxecto Temporal Municipal de Inclusión Social ten como finalidade promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera xeito de discriminación a través da inclusión social activa co fin de promover a igualdade de oportunidades, a participación e a mellora das posibilidades de atopar un empreg. Ao abeiro da Orde do 6 de setembro de 2023 establécense as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de emerxencia social e inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, para os anos 2023, 2024 e 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

A isto súmanse as consecuencias económicas, sociais e sanitarias da pandemia da Covid-19 que reduciu a cohesión social, polo que é preciso aplicar medidas de recuperación que fagan fronte a esta situación elevando as posibilidades de recuperación de colectivos de elevada vulnerabilidade.

Unha maneira de facer Europa.

Aquí estamos!

986 850 398

Enderezo

Chalé de Fontoira

Rúa Xofre de Tenorio

 

Correo electrónico

benestarsocial@pontevedra.eu