CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Recurso 25

Incorporación sociolaboral

Algunhas persoas acumulan moitas dificultades para atopar traballo, xa que poden atoparse nunha situación límite na que a simple utilización dos mecanismos ordinarios de procura de emprego non abonda.

Mitigar estas circunstancias é a misión desta liña de traballo dos equipos de Benestar do Concello de Pontevedra.

Existen algúns mecanismos que podemos activar para ir axudando a resolver este problema que vai máis aló de atopar ou non un posto de traballo. Tratamos de conformar unha ponte entre as circunstancias destas persoas e os distintos mecanismos que están á nosa disposición para reimpulsar e mellorar a súa vida.

Colectivos altamente problemáticos, situacións persoais que poden considerarse crónicas en canto á relación coa actividade social e laboral… situacións de precarización que tratamos de revertir con accións concretas que podan chegar a mellorar as perspectivas das persoas que atravesan esta difícil etapa da vida.

Quizaves sexan de utilidade as seguintes entidades, que poden dispoñer dalgún tipo de orientación sociolaboral: 

CRUZ VERMELLA     ACCIÓN CONTRA EL HAMBRE      ASOCIACIÓN AMICOS    

BOA VIDA INCLUSIÓN ACTIVA     COGAMI     DOWN PONTEVEDRA XUNTOS

FUNDACIÓN ÉRGUETE     FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO     GRUPO SIFU

JUAN XXIII     REXURDIR PROVINCIAL     CÁRITAS

Aquí estamos!

986 850 398

 

Enderezo

Chalé de Fontoira

Rúa Xofre de Tenorio

 

Correo electrónico

benestarsocial@pontevedra.eu

 

Horario atención

Luns a venres, de 9 a 13 h