CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Recurso 27

Condutas adictivas

O Concello de Pontevedra, dentro da área de Condutas Adictivas, traballa en tres eixes complementarios, sobre os que tes máis información nas seguintes pestanas:

  • Pza. Valentín García Escudero, nº 1/ Baixo
  • 36002 Pontevedra
  • Tlf. 986 858 609

Nela realízase a recepción de casos e o tratamento de carácter ambulatorio. Aínda que é preferible unha derivación por parte dos servizos de saúde, admítese o acceso directo.

Está formada por un director médico, un psiquiatra, dous psicólogos clínicos, unha traballadora social, un enfermeiro, dous auxiliares de clínica e un auxiliar administrativo.

  • Rúa Sor Lucía 2, 2º andar
  • 36002 Pontevedra
  • Tlf. 986 851 489

Atende persoas derivadas pola UAD que presentan boa evolución e que cumpren unha serie de requisitos.

A tarefa central nesta unidade é a normalización da vida en todas as áreas posibles e o tratamento presenta un carácter máis intensivo (semirresidencial) a través de obradoiros e outras accións grupais.

Está formada por un psicólogo clínico, unha monitora – educadora e un monitor de informática.

Ámbito Comunitario

Informar a cidadanía sobre os riscos do uso/abuso, tanto das substancias adictivas, coma das TIC.

O programa de Prevención de Condutas Adictivas realízase en colaboración coa Consellería de Sanidade e está destinado en global a toda a cidadanía pontevedresa, ofrecendo información e formación que sexa capaz de cambiar mitos e crenzas, con programas que teñan un longo alcance temporal e que, segundo a Estratexia Nacional sobre Adiccións 2017-2024 se enfronten a retos como: 

Cambios sociais e demográficos

A situación económica, o paro e a precariedade, a traxectoria vital que se interrompeu en moita xente nova pola situación de crise, o aumento de fogares unipersoais e a soidade, as dificultades para a conciliación da vida laboral e familiar, a desestruturación e aumento de fogares monoparentais, a maior presión ao consumo en adolescentes, o fomento da busca de satisfacción e/ou respostas inmediatas, o aumento da prescrición de medicamentos con potencial adictivo (benzodiazepinas e hipnosedantes) e a aparición dun discurso moi influente sobre o consumo de determinadas substancias como opción persoal (clubs de consumo, especialmente de cannabis) que require un esforzo didáctico por parte das administracións e da comunidade científica para transferir información sobre os riscos reais destes consumos.

Novas formas de adicción e patróns de consumo

Sociedades cada vez máis dinámicas e en cambio onde o enfoque das novas tecnoloxías é fundamental. Preocupación crecente polo aumento do uso “patolóxico” de Internet, medios dixitais e redes sociais, así como o papel das TIC como facilitadoras do acceso e potenciadores doutras condutas adictivas, especialmente de xogos de apostas e xogos en liña entre adolescentes, moi mediados por anuncios agresivos.

Tendencias

Lixeiro aumento no consumo de risco de alcohol e outras substancias, especialmente nos adolescentes, xunto cunha baixa percepción do risco e da “normalización” social do consumo lúdico de substancias (alcohol, cannabis, cocaína, novas substancias psicoactivas, …). O consumo na rúa contribúe a ese aspecto da normalización e banalización e, aínda que o acceso dos menores aos xogos de azar (bares, salóns sen control de acceso, en liña, etc.) é unha materia na que os reguladores competentes na materia e outras unidades administrativas implicadas no control e inspección adican grandes esforzos para minimizar a súa incidencia, hai factores, tanto normativos coma sociais, aos que hai que prestar atención para acadar a eliminación total da presenza de menores nos xogos de azar.

A ampla oferta de (vídeo) xogos, a intensa publicidade nos medios e nos espazos deportivos e as estratexias de mercadotecnia agresivas, adicadas principalmente aos máis novos, de apostas deportivas e xogos en liña contribuíron a un aumento do número de persoas con problemas de adicción ao xogo e cambio de perfís de xogadores (máis novo, maior nivel de educación e, sorprendentemente, maior número de mulleres novas con problemas de xogo por Internet).

A forte presenza do policonsumo (especialmente en adolescentes e mozos) e a aparición continua de novas substancias psicoactivas e o seu fácil acceso a elas.

En relación co xénero, falta:

    • Incorporar efectivamente a perspectiva de xénero como ferramenta de análise da realidade, en todos os programas, investigacións e intervención e prevención.
    • Implementar unha maior concienciación sobre a perspectiva de xénero.
    • Sensibilizar á sociedade no seu conxunto para promover aqueles aspectos que son factores de protección en mulleres (prudencia, solidariedade, etc.) para que tamén se incorporen para os homes.
    • Promover a prevención e detección precoz da violencia de xénero en mulleres dependentes da droga e nos medios onde se consumen substancias.
    • Promover programas centrados nas necesidades da muller analizando todos os aspectos relacionados co consumo e desenvolvendo alternativas de tratamento non farmacolóxico.
    • Responder ás diferenzas e especificidades de homes e mulleres en cada un dos retos.

Atendendo a todo e exposto, neste proxecto de prevención traballarase nos seguintes ámbitos, tendo a perspectiva de xénero incluída de maneira transversal en todas as accións:

  • Ámbito Escolar:
    • Obradoiros de Educación para a saúde destinado ao alumnado de primaria e obradoiros de Prevención de Condutas Adictivas para alumando da ESO e FP.
    • Educación en valores a través do cine para alumnado de primaria e secundaria.
  • Ámbito Familiar:
    • Obradoiros para familias sobre temas educativos e preventivos.
    • Obradoiros para nais usuarias de Benestar Social sobre temas educativos e preventivos.
  • Ámbito Xuvenil:
    • Programa “Cambio de sentido” nas autoescolas da cidade para previr o consumo de substancias adictivas e o uso do móbil na conducción.
    • Acíóns preventivas no programa Noites Abertas.