Impulsar a enerxía humana
Un xeito activo de apoiar a vida asociativa para aumentar o valor das entidades que traballan a prol da xustiza social.
- Espazos para o traballo. Colaborando na procura de lugares nos que desenvolver actividades de calquera natureza, tanto no espazo público exterior coma en edificios públicos acaídos para a finalidade concreta.
- Asesoramento técnico. Ofrecendo consello certeiro para a consolidación da vida asociativa, a obtención de recursos, os procedementos formais, a creatividade, os obxectivos, o xeito de levar adiante os propósitos desexados…
- Apoio á visibilidade. A implicación na difusión das actividades, as iniciativas e os rasgos máis interesantes da vida colectiva, de xeito que repercuta nun maior coñecemento e compromiso da cidadanía cara ás entidades sociais.
- Formación. Un compromiso constante coa formación tanto das persoas responsables das entidades, coma de quen axuda ou participa nalgunha medida con estas.
- Eventos e encontros. Implicarnos na organización de actividades para fomentar a difusión dos obxectivos de cada entidade e promover espazos para a reflexión e o debate sobre calquera tema de interés público.
- Coordenación e coñecemento. Adoitar fórmulas de coñecemento mutuo entre as persoas responsables das entidades, co intercambio de experiencias e o aproveitamento de sinerxias entre asociacións en beneficio da comunidade.
Para contactar con Proponte: proponte@pontevedra.eu