Tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida
A Tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade é a autorización expedida polo Concello para que os residentes empadroados no concello poidan estacionar en prazas de estacionamento identificadas con reserva para persoas con problemas de mobilidade reducida.
Estar empadroado no concello e presentála documentación necesaria, son indispensables, para pode acceder a esta prestación.
- Estar empadroado no municipio de Pontevedra.
- Ter recoñecida a condición de minusvalía, polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO), dependentes das seccións de cualificación e valoración de minusvalidez
- Ter recoñecida a condición de mobilidade reducida (imposibilidade de uso do trasporte público), mediante ditame emitido polos Equipos de Valoración e Orientación de minusvalías.
- A tarxeta será estritamente persoal e poderá ser utilizada en calquera vehículo no que se traslade o seu titular, sexa ou non da súa propiedade e sexa ou non conducido por el.
- Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica a tarxeta deberá incluír a/as matrículas dos vehículos habilitados para transportar as persoas con graves problemas de mobilidade
- A tarxeta deberá colocarse no parabrisas dianteiro, de xeito que o seu anverso sexa visible e lexible desde o exterior do vehículo para seu control, se a autoridade competente o requirira.
- O titular da tarxeta deberá levar o documento de Resolución de concesión da tarxeta sempre que faga uso dela, e cumprir as indicacións da Policía Local na interpretación das condicións discrecionais e/ou específicas do municipio.
- O expediente iniciarase por instancia da persoa interesada. O solicitante poderá ser o propio titular ou seu representante legal. A titularidade da tarxeta sempre será ostentada pola persoa que reúna os requisitos.
- Cando o interesado represente a unha persoa xurídica o solicitante deberá ser o representante legal
- A solicitude coa documentación presentaranse no rexistro xeral do Concello.
Solicitude da tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante ou DNI de quen o represente legalmente, e no seu caso credencial de dita representación
- Dúas fotos tamaño carné do titular.
- Ditame relativo a súa redución de mobilidade, con especificación, no seu caso, do prazo de revisión. Este ditame debe ser emitido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO), da Xunta de Galicia
- Fotocopia da resolución do recoñecemento da condición de persoa con minusvalía.
Aquí estamos!
986 850 398
Enderezo
Chalé de Fontoira
Rúa Xofre de Tenorio
Correo electrónico
Horario atención
Luns a venres, de 9 a 13 h