
Minorías étnicas
A Concellería de Benestar Social mantén un seguimento específico do colectivo xitano no concello a través dunha colaboración anual coa Fundación Secretariado xitano que desenvolve coa comunidade escolar xitana os seguintes programas.
O contacto co Secretariado Xitano en Pontevedra é:
Enderezo: Casazul. Rúa Sor Lucía núm. 2- Planta baixa
Horario de atención:
09:00 A 15:00 (Oficina)
Aulas de reforzo escolar no Centro Social de Monte Porreiro (luns, martes e mércores)
Teléfono: 986 840 911
Email: fsgpontevedra@gitanos.org
Web: https://www.gitanos.org/galicia/pontevedra/
Os programas que teñen en marcha son:
Diríxese aos axentes que participan no proceso educativo dos menores: alumnado, familias, centros educativos e outros axentes educativos e sociais.
O obxectivo é favorecer a normalización educativa do alumnado xitano para conseguir tasas máis elevadas de éxito académico no último ciclo de Educación Primaria e en Educación Secundaria Obrigatoria, e promover a continuidade en estudios medios e/ou superiores e en formación profesional.
Programa de seguimento escolar e compensación educativa externa para a comunidade xitana de Pontevedra
Có presente programa preténdese dar resposta ás demandas de intervención social que en materia de absentismo escolar.
Actuacións de acompañamento á infancia e á xuventude no proceso educativo ata implicar a familia na comunidade escolar. As actividades consisten en reforzo escolar de habilidades e destrezas cognitivas no tempo libre como apoio, seguimento escolar e mediación familiar.
Obradoiros de ocio interculturais
Os obradoiros de carácter lúdico supoñen unha oportunidade para xerar espazos de convivencia máis alá das relacións persoais existentes no barrio de Monte Porreiro, de forma que os menores identifiquen un lugar de ocio como punto de encontro entre persoas diferentes que queren construír unha convivencia positiva e mutuamente enriquecedora.
Deberás solicitar unha cita coas traballadoras sociais municipais que che demandarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.
Consulta toda a información en Atención ás necesidades básicas.
Aquí estamos!
986 850 398
Enderezo
Chalé de Fontoira
Rúa Xofre de Tenorio
Correo electrónico
benestarsocial@pontevedra.eu
Horario atención
Luns a venres, de 9 a 13 h