CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Recurso 21

Migracións

Chegar a refacer a túa vida a un país, a unha cidade, que non coñeces, supón ignorar moitísimos aspectos desta sociedade. Por iso dispoñemos dun sistema de atención a persoas inmigrantes, ao que se poden achegar para facerse cunha serie de orientacións, consellos e procedementos para reencamiñar os seus pasos.

Os alicerces básicos da vida, como a atencións sanitaria, a educación, os mecanismos para a inserción laboral, os instrumentos de promoción social que permiten a tantas persoas obter un mínimo de calidade de vida, son os ámbitos de traballo deste servizo público para que Pontevedra ofreza ás persoas que chegaron onda nós unha acollida non demasiado hostil.

Pode resultarche interesante coñecer estas entidades sociais:

Asovedra

Asociación Amiga

Asociación Diversidades

Aquí estamos!

986 850 398

 

Enderezo

Chalé de Fontoira

Rúa Xofre de Tenorio

 

Correo electrónico

benestarsocial@pontevedra.eu

 

Horario atención

Luns a venres, de 9 a 13 h