CONCELLERÍA DE BENESTAR SOCIAL

Recurso 26

Emerxencia social

O Concello dispón dunhas prestacións económicas de pagamento único, de carácter extraordinario e finalista, destinadas a aquelas persoas ou unidades familiares que precisen de apoios para acobertura de necesidades básicas ante situacións puntuais e sobrevidas de emerxencia social. Por exemplo, axudas para alimentación e vestimenta básicas, cobertura de gastos necesarios para o disfrute e mantemento da vivenda ou aloxamento habitual ou gastos relativos á atención sanitaria, non cubertos polos diferentes sistemas públicos.

Ademais ofrécense axudas específicas para material escolar para nenos que cursen Educación Infantil.

Ás persoas que acrediten non dispoñer dos recursos suficientes cos que afrontar os gastos específicos de primeira necesidade, derivados de continxencias extraordinarias.

Deberás solicitar unha cita coas traballadoras sociais municipais que che demandarán a documentación obrigatoria e iniciarán o expediente, no caso de ter dereito a este servizo. A tramitación deste servizo sempre é persoal.

Consulta toda a información en Atención ás necesidades básicas

A Concellaría de Benestar Social Municipal asinou un convenio co Colexio de Dentistas da XI Rexión (Pontevedra-Ourense) para a atención bucodental para usuarios de Benestar Social Municipal.

Consulta aquí o convenio
 

Aquí estamos!

986 850 398

 

Enderezo

Chalé de Fontoira

Rúa Xofre de Tenorio

 

Correo electrónico

benestarsocial@pontevedra.eu

 

Horario atención

Luns a venres, de 9 a 13 h