O Concello de Pontevedra inicia este martes, 12 de xullo, o programa “Cambio de sentido” que traballa na prevención de accidentes de tráfico no que interveñen o alcól ou outras substancias adictivas. Este programa ponse en marcha polo equipo de prevención do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas do Concello nas autoescolas da cidade.
O programa consiste nun obradoiro dunha hora de duración nas autoescolas de Pontevedra no que persoal do Programa de Prevención explica diferentes contidos teóricos: tipo de drogas, efectos, o grao alcohólico, as unidades de bebida, como se calcula el índice de alcoholemia, a tolerancia, os límites, mitos, alternativas… Ademais úsanse as gafas simuladoras de alcoholemia para que os participantes sexan conscientes da diminución na percepción que se produce cando consumimos substancias adictivas.
O calendario destes cursos é:
- 12 de xullo: 11.00 horas. Autoescola Peregrina.
- 13 de xullo: 10.30 horas. Autoescola Ecovial
- 13 de xullo: 12.30 horas. Autoescola Chaves
- 14 de xullo: 12.00 horas. Autoescola Teucro
- 15 de xullo: 11.00 horas. Autoescola Camba
- 22 de xullo: 12.00 horas. Autoescola Tambo
Está pendente de concretar data para impartir o curso nas autoescolas Cancela e Autoescola 52.
O programa “Cambio de sentido” que ten 15 anos de vida no Concello de Pontevedra ao amparo do Plan de Prevención de Condutas Adictivas, fundamentase en que a morbilidade e mortalidade derivada dos accidentes de tráfico constitúen un problema importante nas sociedades industrializadas, cun alto custe económico e humano. E o denominado “factor humano” é o principal responsable dos accidentes de tráfico.
Segundo os datos do Instituto Nacional de Toxicología e Ciencias Forenses de 2014, o 39,09% dos conductores falecidos presentaron resultados positivos en sangue a drogas e/ou alcohol.
Obxectivos
Os obxectivos do programa son:
- Mellorar a información do alumnado das autoescolas en relación aos riscos asociados á conducción de vehículos baixo os efectos do consumo de alcohol e outras drogas.
- Incrementar a percepción de “Vulnerabilidade persoal”.
- Reducir o número de accidentes viarios entre os mozos/as nos que interveñen o alcohol e outras drogas.
- Promover actitudes e conductas máis seguras e responsábeis na conducción de vehículos entre a poboación que se está a preparar para obter o permiso de circulación nas autoescolas.
- Incrementar a percepción do risco asociada á conducción de vehículos baixo os efectos do alcohol ou drogas.
A Concellaría de Benestar Social Municipal quere agradecerlle a colaboración a todas as autoescolas que participan neste programa xa que sen a súa boa disposición sería imposible realizar este programa.