Música para a prevención de condutas adictivas

A Concellaría de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, visitou esta mañá o Curso de prevención de condutas adictivas a través da Música que está a impartir o Concello, a través do Plan Municipal de Prevención de Condutas Adictivas, en colaboración coa Consellería de Sanidade e a Fundación Secretariado Xitano, todos os martes e xoves de xullo e agosto entre adolescentes de etnia xitana. Participan nel 17 rapaces e rapazas que tratan os seguintes temas:

    • Hábitos de traballo en equipo.
    • Expresión corporal.
    • Educación para a saúde.
    • Hábitos saudables de consumo.
    • Conciencia global (actuar localmente, pensando globalmente).
    • Solidariedade.
    • Responsabilidade.
    • Participación social.

Esta actividade é lugar idóneo para conseguir os obxectivos previstos xa que a percusión e o cante, son actividades moi valoradas pola maioría dos mozos e mozas xitanos, podéndose converter nun espazo atractivo ou de referencia.

Aprenderán a construílo e obterán unhas nocións sobre como tocalo. O concepto de ensamble é sumamente interesante xa que cada integrante é unha peza dun gran mecanismo, dun conxunto, onde todos absolutamente son pezas fundamentais e cada un co seu aporte, traballando en equipo, logrará que todo o grupo chegue a unha experiencia músico-vivencial. 

Dadas as características da actividade e o seu formato, deben considerarse moito máis que  actividades meramente lúdicas (aínda que tamén o son), porque serán de gran utilidade no só para a saúde física, mental e social dos mozos e mozas, e o seu benestar cotiá, senón tamén para o seu desenvolvemento persoal a corto, medio e longo prazo.