“A verdade é que é unha necesidade”. Con estas palabras agradeceu a concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces, á Obra Social La Caixa a doación dunha furgoneta para Redeaxuda que prestará o seu primeiro servizo hoxe mesmo no Surfing the lérez.
Redeaxuda coordinada as distintas entidades que traballan a prol de darlle cobertura as necesidades básicas das persoas, lembra a concelleira Carmen Fouces quen engade que teñen que mobilizar moitas veces alimentos ou transportar mobles ou electrodomésticos.
Até agora Redeaxuda usa os medios do Concello e de algunha entidade máis grande e con máis recursos como a Fundación Amigos de Galicia. “Poder contar cunha ferramenta tan importante como esta furgoneta vai a favorecer moito á xunta que axuda” conclúe a responsábel do departamento de Benestar Social.
Pola súa banda o director de área de La Caixa, Manuel Márquez, presente na entrega do vehículo sinala que “esta furgoneta ven a ratificar o compromiso de La Caixa cos pontevedreses que xa iniciamos con Caixa Infancia”. A furgoneta entregada supón unha axuda de 20.000 euros.