Implicar dun xeito activo aos universitarios e mozos e mozas en xeral. Con este obxectivo o Plan municipal de prevención de condutas adictivas da Concellería de Benestar Social Municipal (BSM) puxo en marcha dúas accións: un curso de formación de mediadores en prevención de adiccións, que se está a desenvolver na Casazul, e un Concurso universitario de fotografía e curtametraxe de prevención de condutas adictivas en colaboración coa Universidade de Vigo e a Consellería de Sanidade.
Catorce mozos e mozas participan no curso de formación que ten unha parte teórica, na Casazul e unha práctica, un proxecto de intervención deseñado para a contorna de cada quen. Trátase de que estes novos mediadores podan actuar no seu grupo de iguais, que sexan capaces de detectar condutas de risco cando están na súa actividade diaria, no seu lecer, no seu propio ambiente.
Pola súba banda, o Concurso de fotografía e curtometraxe xurde co fin de que sexan os universitarios os que aporten ideas na súa linguaxe, impactantes, que podan servir de base para campañas de sensibilización e prevención do consumo de substancias adictivas. O prazo para a presentación de proxectos remata o 30 de setembro.