Premiados os mellores carteis de prevención de condutas adictivas

A Concellaría de Benestar Social Municipal entregou esta mañá os premios do VI Concurso de carteis preventivos 2015, incluído dentro das accións do programa de Prevención de Condutas Adictivas no que participaron 138 alumnos dos centros escolares do municipio, que elaboraron 94 carteis.

Os gañadores foron:

    • 1º PREMIO: Mariña Rey Noya 4º ESO da IES Xunqueira I. Vale para mercar no comercio local por valor de 100 €.
    • 2º PREMIO: Alba Couceiro Gil e Nerea García Calvar 4º da ESO do Colexio Sagrado Corazón de Placeres. Vale para mercar no comercio local por valor de 80 €.
    • 3º PREMIO: Alicia Galván García e Emma Miguélez Gómez. 1ºda ESO do IES Torrente Ballester. Vale para mercar no comercio local por valor de 70 €.
    • 1º accésit: Pedro Fernández Vázquez. 2º da ESO do Colexio Sagrado Corazón de Jesús
    • 2º accésit:  Paula Rondón Martínez e Nerea Nores Juncal. 1º da ESO do IES Luis Seoane
    • 3º accésit: Inés Vázquez Ruibal e Fátima Sineiro Míguez 3º PMAR do IES Xunqueira I