A profesora da profesora Nazanín Armanian, investigadora e docente da UNED inaugurará mañá o ciclo “Mirando o futuro” cunha conferencia-debate sobre “Os refuxiados. Xeopolítica dunha crise”. A cita é mañá, 24 de maio, ás 19.00 horas na Casa da Luz.
A conferencia permitirá coñecer o contexto xeopolítico polo que transita o drama humanitario da persoas refuxiadas, a dinámica de conflitos como o de Siria e as súas consecuencias na configuración dos presumibles cambios que se anuncian dentro de Oriente Medio e colateralmente da contorna mediterránea.
“Mirando o futuro” nace como un espazo de reflexión e debate e é froito da colaboración do Concello de Pontevedra co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org). No ciclo abordaranse diversas problemáticas e tendencias existentes na política internacional, conflitos e mecanismos de cooperación internacionais así como da confluencia de intereses dos actores tradicionais e doutros emerxentes dentro do sistema global.